Preferente: O Sofán asalta, con sufrimento, o Conco
Apretada vitoria do Sofán no Conco, tras pasar media hora con 10, e aguantar as embestidas dun Dumbría, que suma a súa cuarta derrota consecuiva (en case todas, nesta tamén mereceu algo máis), pero se mantén na 11ª praza, aínda, con 5 sobre o descenso.
Dumbría - Sofán (0-2)
- Dumbría: Anxo, Mataso, Juan, Aarón, Jano, Iago, Toni, Marcote, Adrián Periscal, Javi Souto e Estévez. Tamén: Isma, Mario, Lucas Toba, Quique, Pablo Costa Carabel, Pablo Costa Ramos, Xabi Castro.
- Sofán: Gardu, Javichu, Dani García, Alex Sánchez, Dani Pena, Izan, Fabián, Iván Parafita, Alexandre, Joel e Marcos Montero. Tamén; Brais, Iván, Becerra, Iván Pardo, Isma Rod. e Iraitz.
- Goles: 0-1, m.23: Javichu de centro chur; 0-2, m.94: Iraitz tras un roubo na súa área e chutar dende 50 metros.
Primeira metade igualada, con dominio alterno. Comezaba mellor, a favor de vento, o cadro visitante, avisando com con dous tiros de lonxe de Javichu e Parafita. Pouco despois unha xogada por band de Javichu acababa cun centro que se envelenaba polo vento e se colaba na meta local.
A partir de aí estivo mellor o cadro de Pablo Conde, apretando ben e obrigando a Gardu a salvar dúas ocasións claras, unha nun tiro de Javi Souto, e outra nun despexe de Parafita que se colaba na súa meta.
Arrincaba a segunda, e case que na mesma xogada, aos 15 minutos, Marcos Montero sufría unha protestada expulsióu xusto despois de que o míster Pablo Torreira fose tamén expulsado polo colexiado (moi critico amosouse o adestrador carballés coa actitude arbitral).
Cun home máis, os dumbrieses envorcáronse sobre a meta de Gardu, que volvía aparecer en varias ocasións sobre todo a un tiro de Javi Souto. Tivo á contra para sentenciar o cadro vermello pero nin Alex Sánchez nin Iván Pardo, que mandou ao pau tras unha boa xogada individual, acabaron co sufrimento. Só no desconto, e dendeo o medio campo, co equipo local envorcado, Iraitz sentenciaba.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
Todas as crónicas de Preferente.
- X.1: O Sofán bate a todo un Betanzos e o Dumbría roza a primeira vitoria.
- X.2: O Dumbría pesca en San Tirso pero o Sofán atópase con Juan de Celia.
- X.3: Sofán e Dumbría aséntanse na zona noble.
- X.4: Suma e segue.
- X.5 Doble toque de atención.
- X.6: En posición noble.
- X.7: O Sofán vence e convence e o Dumbría sofre.
- X.8: Situándose.
- X.9: Envorcáronse as tornas.
- X.10: Afianzándose na zona medio-alta.
- X.11: Pouca pesca.
- X.12: Doble e dolorosa derrota.
- X13: .O Sofán reacciona pero o Dumbría volve pecar de falta de acerto.