A música, protagonista dos Gala dos premios Nordés
A emoción dos galardoados foi protagonista este venres na 16ª edición da Gala dos Premios Nordés que se celebrou na casa da Cultura de Olveira, Dumbría. Foi unha gala intensa, onde se premiou o talento, o esforzo, a loita por diferentes causas e o amor pola Costa da Morte.
A gala estivo presentada por José Manuel Mira contou coa actuación en acústico de varios membros de Luar na Lubre que adiantaron unha das cancións do seu próximo disco e tamén tivo unha nota de humor con Angustias, personaxe habitual na programación da emisora.
O Premio Nordés 2015 foi para a orquestra La Palma, subiron recollelo membros de 3 xeracións da familia Abelleira, moi felices e emocionados recordaron que este era o primeiro premio que recibían e lamentaron que non puidesen estar os catro irmáns fundadores da orquestra.
A familia Abelleira recibindo o Premio Nordés 2015 á Nova PalmaNieves Villar levou o premio da Audiencia pola súa loita para que os nenos enfermos teñan educación a domicilio de calidade, animou á publico a seguir loitando por causas xustas. Por pouco gañaron todas as Anpas Galegas votando a causa de Nieves a un Jorge Parri que tamén era digno merecedor do premio.
O muxián Antón Castro recolleu o Nordés das Artes falou de Picasso da súa etapa en Galicia e como influíu na súa obra.
Tamén en clave musical foi o Nordés da Divulgación, que recaeu en Bieito Romero, líder de Luar na Lubre. Bieito recordou como a Costa da Morte marcou a súa traxectoria persoal e profesional.
O Nordés da Innovación Empresarial foi para Peixería turística Mar Viva de Corcubión, recolleu o premio un emocionado Enrique Coo que dou as grazas a tódolos que apoiaron o proxecto dende o comezo.
Os adestradores e os 4 campións de España de volei praia recolleron o Nordés do Deporte en representación de toda a familia do Volei Dumbría. Gurutz Larrañaga recordou os inicios no colexio Manuela Rial e a transformación a club co apoio do concello de Dumbría.
Os protagonistas da Mensaxe do Mar subiron recoller o Nordés do Medio Ambiente e recordarnos que é traballo de todos manter limpos os océanos.
Novas relacionadas
- 2014: A Costa da Morte rende homenaxe a Pazos de Merexo nos Premios Nordés.
- 2013: Premios globais da Nordés.
- 2012: A potencia de Aspadex triunfa nos premios Nordés.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).