Luns. 18.11.2019
El tiempo

A “Operación Orquesta” continúa en marcha

A “Operación Orquesta” continúa en marcha
Prensa na Operacion Orquesta - - Foto Marcos Rodriguez

[Ultima hora: 16:00h]: Segundo nos informa o Xulgado de Primeira instancia e Instrución número 2 de Corcubión, ata o momento prestaron declaración ante o xuíz os imputados Daniel Ogando, pai e fillo.
Pola tarde, está previsto que pasen a disposición xudicial e declaren no xulgado os tres detidos do Concello de Fisterra e o detido do Concello de mazaricos. Os dous detidos restantes permanecerán en dependencias policiais e prestarán declaración mañá. ______________________________________________________________________

[Ultima hora: 22:05 horas] Se confirma que os concelleiros de Fisterra imputados son o primeiro Teniente Alcalde Santiago Insua Esmorís-Recamán e o segundo Teniente Alcalde Ramón Redonda Gonzaléz. E os empresarios son Daniel Ogando (pai e fillo) e Jorge López, adicado á montaxe de palcos para orquestas - de onde provén o nome da operación "Orquesta" - [Ultima hora]

______________________________________________________________________

[21:22 horas] Os detidos pasarán a noite nos cabozos da Coruña. Mañá, martes 1 de febreiro, pasarán a disposición xudicial. Ademais confirmase que un dos concelleiros imputados do concello de Fisterra é o teniente de Alcalde Santiago Insua.

______________________________________________________________________

Continúa en marcha a "Operación Orquesta". As últimas novas devólvennos a Cee, onde podemos ver como sacaban, arredor das 16:00h, ao alcalde de Cee, Ramón Vigo, un dos 8 detidos neste comezo de operación, entre os que tamén se atopan José Manuel Traba, alcalde de Fisterra, e José Manuel Santos, alcalde de Mazaricos, ambos del PPdeG.

Os axentes procedía ao rexistro igualmente da casa e do vehículo do alcalde ceense. En Fisterra foroon 15 axentes os que literalmente "tomaron" o concello, mentres que en Mazaricos a operación se desenvolveu coa axuda de 12 axentes da Unidade de Delitos Económicos e Fiscais.

A que se amosaba verdadeiramente sorprendida polos feitos foi a vicealcaldesa de Cee Amancia Trillo (PSOE), que lanzaba berros de ánimo ao alcalde e aseguraba que "confía plenamente en el".

Rexistros en Ogando

Por outra banda, arredor das 17:45h os axentes achegábanse en vehículos de paisano á sé da empresa Construcciones Ogando S.L., en Sendande, Muxía. Os axentes procedían ao rexistro das súas oficinas e localizaban ao dono co que se produxeron as pesquisas.

Repercusión mediática

Da importancia dos feitos dá conta a cantidade de medios de todo o estado que se fixeron eco da nova. Máis de 50 medios xa actualizaron contidos sobre o acontecido na Costa da Morte, que parece que se vai convertir nunha nova "Operación Malaya".

Só hai que ver as fotos da cantidade de medios que se agolpaban en Cee para decatarse da importancia da nova.

Unha operación de gravidade na que os imputados son a priori detidos por 4 delitos: "tráfico de influencias, prevaricación, suborno e falsificación documental". O xuiz do Xulgado de Corcubión, Andrés Lago Louro, leva a operación dende hai un ano en total segredo, pero hoxe daba a cara e rexistraba á vista de todos os coche do rexedor ceense, un Volkswagen Touareg.

Nova relacionada

Fonte

Comentarios