Martes. 19.02.2019
El tiempo

A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica

A parálise de dous fornos e a retirada de materias primas, avisos previos do ERE de Ferroatlántica
O conflito laboral segue afiándose no seo de Ferroatlántica. A pasada semana a dirección da empresa volveu mover un par de fichas importante nesta complicada partida de xadrez ante os traballadores e as administracións. A paralización de dous fornos e a retirada de varias materias primas imprescindíbeis para a actividade da fábrica son entendidas para a sección sindical da CIG en Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas como un intento de “sabotaxe” da empresa para “crear as condicións para xustificar un ERE”. O sindicato convocaba xa unha concentración para este 2 de decembro. A empresa vai paralizar os fornos 13 e 14 durante seis meses a partir de xaneiro, desviando a producción á planta de Boo, a onde envían ademais as materias primas necesarias para volvelos poñer en marcha. Dúas medidas que para a CIG son “un novo intento de Ferroatlántica de deslocalizar a produción”, entendendo que intención última da empresa, ademais do ERE, é o peche definitivo das centrais costeiras. “Nunca anteriormente na historia destas fábricas aínda en situación de ERTE por causas do mercado se adoptaron medidas semellantes de desabastecemento de materias primas”, sentenzan.

Fábricas rendibles

Fabrica de Ferroatlantica en Cee sempre foi rentable Imaxe da fábrica de Ferroatlántica de Cee Teñen claro en Cee que “neste contexto nin está xustificado o ERE nin esta situaciación é entendíbel, atendendo aos bos resultados económicos obtidos durante o ano 2018, sendo ademais os centros de traballo da costa da morte os mais rendíbeis do grupo no estado español e se temos en conta á vinculación coas centrais hidroeléctricas, que converten a Ferroatlántica en produtora de enerxía e nunha das beneficiarias dos elevados prezos da electricidade”.

Chamamento á Xunta e o goberno central para que actúen

Así, hoxe mesmo, luns 31 de decembro, a sección sindical ten convocada unha reunión extraordinaria do comité par para tratar esta preocupante situación, e para “instar á Xunta de Galiza para que actúe de xeito inmediato exixindo o cumprimento das obrigas coas concesións hidroeléctricas das que disfruta Villar Mir”. ”É impresentábel que ante os incumprimentos históricos do grupo Villar Mir (como no caso de non acometer a inversión do forno 23) agora, aínda por riba pretenda o peche dos fornos”, valoran. E tamén sinalan como “paradóxico que unha das infraestructuras da Xunta de Galiza máis importantes para que contribuira o desenvolvemento industrial da Costa da Morte e nomeadamente se fixera para favorecer a competitividadede Ferroatlántica como é o Porto de Brens sirva agora para para o desmantelamento da fábrica”.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-cig-salta-ante-o-posible-ere-temporal-nas-fabricas-de-ferroatlantica/

Máis novas do conflito #Ferroatlántica

Comentarios