Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A piques de rematar as obras do porto de Brens

A piques de rematar as obras do porto de Brens

A comezos de abril a Xunta aseguraba que en xullo estaría rematado e aló por xullo de 2010 aseguraban que xa estaría en funcionamento "para o 4º trimestre deste 2010". Pero como destes prazos non se lembra ninguén, o presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, visitou a pasada mañá os traballos das obras do Porto de Brens, que rematarán antes de final de ano.

Unhas obras que quintuplican a súa capacidade e que situarán o porto ceense no máis importante do país en materia de descarga de mineral.

O investimento foi duns 14,5 millóns de euros, 7 millóns menos dos anunciados no seu día, e foron achegadas pola Consellería do Mar a través de Portos e cofinanciadas con fondos europeos Feder, ademais cunha partida de Ferroatlántica de 2 millóns de euros.

Datos da ampliación

A actuación consiste na prolongación do actual peirao de mercadorías nunha lonxitude de 310 metros e un ancho de 100 metros. Así obteranse 210 metros de peirao cun calado de 11 metros, preto de 100 metros cun calado de 8 e os últimos 6 metros cun calado de 7, xunto ao peirao antigo. Ademais, ampliarase o peirao leste en 89 metros de lonxitude e 7 de calado.

Esta nova dotación incrementará de xeito destacado a capacidade de tráficos de mercancías neste peirao. Así, permitirá a entrada de entre 6 e 10 novos barcos de 25.000 toneladas e posibilitará o movemento de 100.000 toneladas de manganesos e de ata 80.000 toneladas de madeira. A nova infraestrutura supón por tanto “un elemento clave na dinamización económica da Costa da Morte”, tal como subliñou o presidente de Portos de Galicia e abre “un novo escenario para os tráficos marítimos de toda Galicia”.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios