Venres. 19.04.2024
El tiempo

O porto de Brens estará listo en xullo para satisfacción de Ferroatlántica

O porto de Brens estará listo en xullo para satisfacción de Ferroatlántica

Na reunión celebrada o pasado venres entre o director de Ferroatlántica, Carlos Oliete e o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez- Campá, transmitiuse desde o organismo o compromiso de finalizar a ampliación do porto de Brens a mediados do mes de xullo.

A operatividade das novas instalacións permitirá que en Cee atraquen barcos de máis de 25.000 t. Deste xeito Ferroatlántica poderá mover directamente grandes cantidades de materia prima (mineral de manganeso), o que supón "unha mellora na súa competitividade ao non ter que trasladar este material desde a dársena coruñesa".

O porto, que terá unha lonxitude de atracada de 300 metros cun ancho para provisión de material de 100 metros de lonxitude, é unha "antiga reivindicación non só de Ferroatlántica, que contribúe no financiamento da obra con 2 millóns de euros, senón de toda a comarca.

Segundo Oliete "A mellora nas instalacións vai supor, sen dúbida, un forte impulso para o dinamismo económico dá a Costa da Morte".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Ferroatlántica.

Comentarios