A Praciña do Olvido de Cee acollerá un emotivo acto ao alcalde republicano Casto Caamaño

07:42 15/08/18

Este sábado 18 de agosto o BNG organiza en Cee unha pequena homenaxe a Casto Caamaño García, alcalde republicano de Cee represaliado polo franquismo en 1936. A fermosa Praciña do Olvido acollerá un simbólico acto que abrirá o voceiro local Serxio Domínguez.
Habrtá tempo para presentar o libro “non des a esquecemento”, de Luís Bará, deputado nacionalista, e para unha charla da man de Luís Lamela e Braulo A. Caamaño, coñecido activista social, familiar do protagonista.
Pecharán o acto Xaime Trillo e Suso Bahamonde cos seus poemas musicados.