Mércores. 01.12.2021
El tiempo

A SEMESCOM felicita a tres grandes das nosas letras e ciencias

A SEMESCOM felicita a tres grandes das nosas letras e ciencias

Tres persoas do eido cutural da Costa da Morte veñen de protagonizar a actualidade nas últimas datas. Tres persoas imporantes para o desenvolvemento da zona, aos que, por certo, bótalleselle de menos no seo da vida política local e comarcal. De seguro que se estiveran a pé de crítica, a realidade sociopítica iría por un mellor camiño. Con todo, eles adícanse ás letras e ás cifras, espallando o nome e a cultura da Costa da Morte por todo o país. E xa fan abondo.

Así llo recoñece estes días o Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (SEMESCOM), que fecilita aos Miro Villar, Jorge Mira e María Canosa polos seus éxitos profesionais.

A SEMESCOM lembra que o poeta ceense Miro Villar presentaba o pasado venres na vila de Muxía, "Bretemada", poemas inéditos escritos entre 1917 e 1922 polo gran poeta muxián Gonzalo López Abente. O acto, cualificado como “un acontecemento literario de altísima importancia” estivo presidido polo alcalde muxián Félix Porto e polo presidente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín. Vense, sen dúbida, os froitos da recentemente creada Fundación López Abente na vila muxiá; unha mostra de que a cultura vende e dá a coñecer unha vila e unha comarca.

Por outra banda, o pasado sábado en Vigo, na Cea das Letras, o coñecido físico baiés Jorge Mira Pérez recibía o importantísimo Premio da Crítica Galicia no apartado de Investigación,polo seu traballo no estudo das linguas en competencia e tamén polo seu labor de divulgación científica en diversos medios.

A felicitación faise extensiva a outra socia do Seminario, a escritora e enxeñeira María Canosa, nova presentadora do programa ‘Cifras e Letras’ das tardes da TVG.

Alegrámonos de que xente das comarcas que conforman o territorio coñecido como a Costa da Morte –dous nemanquenses e un soneirán- teñan cada vez máis protagonismo na cultura galega. Compróbase, como en épocas pasadas con Pondal, Labarta ou López Abente, que o mascarón de proa das terras fisterrás segue abrindo camiños na cultura galega. Un orgullo para todos os que somos destas terras., destaca o presidente Xosé Mª Lema Suárez.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da man de Xosé Mª Lema, Presidente do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte.

comentarios