Venres. 29.03.2024
El tiempo

A veciñanza de Lires presentoulle o proxecto para recuperar a ría aos voceiros municipais

A veciñanza de Lires presentoulle o proxecto para recuperar a ría aos voceiros municipais
Presentacion do Proxecto da Ria de Lires aos voceiros

Os veciños xa o viran hai un par de semanas. Pero o pasado domingo tocoulle aos membros da corporación ver de primeira man o proxecto que prepararon os veciños de Lires para recuperar a súa denostada ría. O alcalde Ramón Vigo, a voceira do PP Zaira Rodríguez, o de Ciudadanos Plácido García, a do PSOE Margarita Lamela e o voceiro non adscrito Candiño (o voceiro do BNG é veciño de Lires e un dos promotores do proxecto), acodiron á escola unitaria para comprobar o compromiso dunha veciñanza que simplemente quere ver recuperar o esplendor do seu fermoso lugar.

Un proxecto feito, que terá que ser revisado polos técnicos municipais, pero que debería ser tomado como propio polo Concello para poder saír adiante. Dende os promotores apostan por un camiño longo pero factible, pero ten que ser o propio concello o que consiga os permisos pertinentes, e o que solicite financiamento dos GALP, etc… que poidan permitir levar a cabo o proxecto sen apenas investimento municipal.

A veciñanza asegura que seguirá de preto o proceso, pero pide compromiso municipal para solventar cos problemas e obstáculos que se poñan polo medio.

A resposta de todos os voceiros dos grupos municipais foi unánime de felicitacións aos promotores.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios