Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xerencia da Área Sanitaria asegura que todas as consultas de pediatría estarán operativas dende este mesmo luns

Concentración en Dumbría contra os recortes en pediatría do mes de novembro
A Xerencia da Área Sanitaria asegura que todas as consultas de pediatría estarán operativas dende este mesmo luns
Concentracion da semana pasada en Dumbria Imaxe da concentración da semana pasada en Dumbria

A mobilización social ten repercusión, pero cómpre non baixar a garda. As familias da bisbarra “recibirán” este martes ao responsable da Área Sanitaria, que vén ata o Hospital Virxe da Xunqueira a manter unha reunión cos alcaldes das comarcas de Fisterra e Soneira.

Pero antes da mesma, a propia Xerencia da Área Sanitaria da Coruña envía hoxe un comunicado no que asegura que dende este luns día 26 de novembro, todas as consultas de pediatría dos centros de saúde da Costa da Morte estarán operativas. Non explica, en todo caso, como e con que tipo de profesionais (pediatras ou puericultores) vai cubrir as vacacións que están provocando os desaxustes no servizo.

Iso si, avisa que “así seguirá sendo mentres se conte con profesionais dispoñibles para atender as mesmas”, dando conta do insán costume do sistema sanitario galego de ter unha carencia de profesionais en pediatría.

A Xerencia explica os continuos recortes en base á “responsabilidade á hora de priorizar recursos”, pero non fala da intención que xa lle trasladou a varios representantes costeiros de que a Costa da Morte teña un só pediatra por comarca.

Nese sentido avisa, sinalando que temos na Costa da Morte un total de 8 facultativos que atenden a uns 4.500 usuarios, o que supón ter un facultativo por cada 560 nenos. “Esta cifra entra sobradamente dentro das ratios recomendadas polas sociedades científicas do colectivo de pediatras”.

Así, as familias téñeno claro, e non van parar de loitar polos seus dereitos. "Volve o servizo, pero soó 2 semanas, despois volvemos ás mismas", sospeitan.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-plataforma-pediatrica-costa-da-morte-pola-saude-dos-nosos-fillos-convoca-unha-concentracion-comarcal-en-cee/ https://quepasanacosta.gal/as-familias-de-dumbria-muxia-e-zas-unen-forzas-para-loitar-por-un-servizo-de-pediatria-digno/

Comentarios