Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Xunta manda o número de conta a 16 debedores do Hospital de Cee

A Xunta manda o número de conta a 16 debedores do Hospital de Cee
Hospital Virxe da Xunqueira de Cee -Foto- Marcos Rodriguez

16 pacientes non cubertos polo sistema público de saúde, terán que pagar polas súas consultas segundo informaba o DOG do 04-12-12.

Os afectados deberán abonar, cun prazo dun mes para presentar alegacións, entre 330€ a 2.350€ sumando un total de 10.000€. Cantidades contraídas por servizos recibidos entre xaneiro e abril deste 2012.

Son máis as persoas afectadas, pois anuncio no DOG chega unha vez que estes 16 "debedores", como os define, "non puideron ser atopados nos enderezos que figuran nos rexistros deste centro. Así, a Xunta incídelles que "deberán ingresar o importe da débeda na conta bancaria 00493563182214049865 do Santander Central Hispano. Transcorrido o prazo indicado no citado artigo sen que se producise o cobramento, iniciarase o período executivo", avisan.

Un procedemento standar

Segundo a Xerencia do Hospital este é "un proceso dentro do proceso estandarizado, que se fai de toda a vida. Esta é a parte final do proceso de facturación, cando dende o centro non puidemos contactar con xente que non presentaron os papeis, para entendernos". "Moitas veces é simplemente que non trouxeron a tarxeta a Urxencias", e tras enviarlle unha carta dende o centro, e ao non poder contactar con eles proceden a publicarse no DOG.

A xerencia explica que "hai xente que non ten tarxeta sanitaria por decisión propia, por exemplo por ter un seguro privado, ou xente que está cuberta polos seguros como MUFACE ou as mutuas de futbolistas".

A reforma sanitaria e do que quedar fóra da cobertura sanitaria é moi recente", e aínda non se están a ver as consecuencias segundo o centro.

En plenas protestas

Uns datos que chegan en plenas protestas a nivel estatal. Centos de traballores dos hospitais públicos madrileños cumplen hoxe o terceiro día de folga polo que consideran o desmantelamento da sanidade pública que está a desenvolver o goberno autonómico madrileño.
De feito, o hastag #graciasalasanidadpublica segue sendo trending topic en twitter, para reincidir na necesidade dun sistema sanitario público, gratuito e universal.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios