Guadalupe Vázquez Formoso lánzase á poesía co seu décimo libro, "O Paraíso Prohibido"
Non para. Guadalupe Vázquez Formoso vén de publicar o seu décimo libro. Desta volta, tocáballe mergullarse no mundo da poesía e lanza "O Paraíso Prohibido”, publicado por Merakiliteraria, unha rama de Kamarada Editorial, coordinada por Olalla Estévez, que tamén se estrea no mundo da poesía coa obra da autora ceense. Unha editorial de Castroverde e xorde como unha maneira de dar saída sobre todo a obras de escritores noveis.
Pero a realidade é que Lupe xa non é nóbel, e aí a avalan xa os 9 libros que ten en todas as librarías. Con todo, entra con “humildade” neste mundo da poesía. “Fao unha incursión no mundo poético moi timidamente, pretendendo só xogar coa antítese beleza-fealdade dun dos pecados capitais. Nestes meus versos non hai, de momento, ese exhibicionismo intimista que caracteriza o xénero”, afirma.
Estaremos atentos ás primeiras datas de presentación.









