A Xunta segue desatendendo a apertura do Castelo do Príncipe a pesar de darlle a razón á Plataforma


Aló por marzo parecía que a apertura do Castelo de Ameixenda estaba preto, cando a Xunta aseguraba que esixiría o cumplimento da Lei. Pero as cousas vanse enfriando, e dende o 15 de xuño a Plataforma en Defensa do Castelo do Príncipe non recibe ningunha notificación da Xunta nin da Valedora do Pobo, que en febreiro amosara o seu apoio ás súas peticións.
Durante os meses de maio e xuño a Valedora instou á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación universitaria a que comprobase a situación do inmoble, pero non obtivo a resposta que, por obriga legal, teñen que dar.
Pasados tres meses dende a última información da Caledora entenden que a súa petición queda “desatendida por parte da Xunta de Galicia, a pesares de dar a razón”. Por iso, a Plataforma vai esixir unha cita ca persoa responsable nesta materia, a subdirectora xeral de protección do patrimonio cultural, María Beatriz González Loroño, que ten ao seu cargo o Servizo de Vixilancia e Inspección. Na sesión esixiralle as explicacións pertinentes e o cumprimento da lei.