Aberta a convocatoria da XIV Edición dos Premios Académicos Fernando Blanco

A Fundación Fernando Blanco de Lema e o I.E.S. Fernando Blanco de Cee veñen de correspondentes ao Curso 2024-2025. Esta iniciativa, xurdida no Curso 2011-2012, naceu cun dobre obxectivo: por un lado recoñecer e premiar o esforzo, aplicación e resultado do alumnado do centenario instituto ceense, e, por outro, recuperar unha tradición histórica da entidade, posto que xa no regulamento de 1886, recollíase a necesidade de agasallar aos mellores expedientes de cada curso.
Ao longo das edicións anteriores foron agasallados un total de 65 alumn@s do centro educativo da vila da Xunqueira. Ao igual que en edicións pasadas, ditos Premios teñen por finalidade agasallar a 5 dos mellores expedientes académicos do I.E.S. Fernando Blanco de Cee (cursos: 1º de F.P. Básica; 3º da E.S.O; 1º Bacharelato; 1º de Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior).
Cada un dos Premios está valorada en 500 € (280 € en metálico e 220 € en vales de compra a consumir nalgúns dos establecementos colaboradores). O alumnado que opte a estes galardóns deberá ter todas as materias aprobadas no mes de xuño, cunha nota media mínima de 8,5. A cerimonia de entrega celebrarase, nun día aínda por determinar do mes de outubro de 2025, no salón de actos do I.E.S. Fernando Blanco.
Para levar adiante esta iniciativa, a Fundación e o I.E.S. Fernando Blanco contarán coa colaboración de varios establecementos que, ano a ano, son fieis á súa cita con este evento, e aos que a Fundación Fernando Blanco e a comunidade educativa do I.E.S. Fernando Blanco de Cee queren amosar a súa mais sincera gratitude.
As bases completas que rexerán a concesión das Becas Premio Académicos Fernando Blanco Curso 2024 - 2025 atópanse na web do museo dentro da pestana de Actividades.