Emotiva entrega da XIII edición dos Premios Académicos Fernando Blanco

Fermosa e emotiva mañá de venres a desenvolvida no salón de actos do IES Fernando Blanco, con motivo da entrega da XIII edición dos Premios Académicos Fernando Blanco correspondentes ao pasado Curso 2023- 2024, os cales estiveron organizados conxuntamente pola Fundación Fernando Blanco de Lema e polo IES Fernando Blanco de Cee,
O acto comezou coa tradicional ofrenda floral no sepulcro do fundador, situado na capela do centro educativo, o cal foi depositado polo
alumnado premiado nesta XIII Edición como mostra de cariño, admiración e eterna gratitude, e acompañado polos acordes do Himno de Galicia interpretado maxistralmente á gaita polo alumno Israel Caamaño.
Os discursos da cerimonia correron a cargo de Darío Areas Domínguez (Secretario da Fundación), do alumnado premiado, de Sonia Lopez, Directora do Instituto e de Margarita Lamela, Alcaldesa de Cee, a cal foi a encargada de pechalo evento.
En todos eles estivo moi presente a figura de D. Fernando Blanco de Lema, todos quixeron louvar a súa figura e o seu altruísmo, froito do cal, Cee conta cun dos centros educativos de referencia de Galicia dende finais do século XIX, e motor do desenvolvemento educativo, cultural e social da vila e da contorna.
A música da cerimonia estivo a cargo do Trio de Acordeóns da Escola de Música de Cee, formado polo Director Fernando Fraga e polos alumnos Pablo Canosa e Brais Varela, que interpretaron dous temas do Trío polaco Motion titulados “Libertyn” e “Heart”; así como tamén polo dúo formado pola profesora Sofía Cendán e a alumna do Instituto Itzel Walche, que ofreceron o coñecidísimo “No dudaría” de Antonio Flores.

Os Premios

As notas dos premiados/as desta edición oscilaron entre o 9,14 e o 9,70.
Cada un dos Premios está valorado en 500 € (280 € en metálico e 220 € en vales de compra doados polos establecementos colaboradores).
Os premiados nesta octava edición dos Premios Fernando Blanco foron:
- BRAIS LEMA MARTÍNEZ (1º CICLO MEDIO – XESTIÓN ADMINISTRATIVA)
- NEREA OZÓN CAMBEIRO (1º CICLO SUPERIOR - ADMINISTRACIÓN E FINANZAS)
- LUCÍA CANOSA LESTÓN (3º ESO)
- MATEO COUSILLAS LEMA (1º BACHARELATO)
- MARIÑA SUÁREZ FRANCO (1º BACHARELATO)
Os premios contan coa colaboración varias entidades e firmas comerciais (Abanca, Semáforo de Fisterra, Centro Comercial Finisterrae, Roberto G. Rigaut S.L. - Mapfre Seguros, Xeal, Fersi Papelería, Ler Librerías, Aurora Sport Dequip, Cabo Sport, Parques e Xardíns Manuel García e Inforneria).