Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Aberto ata o 15 de xullo o prazo de prematriculación para a ESA de adultos

IES Fernando Blanco
Aberto ata o 15 de xullo o prazo de prematriculación para a ESA de adultos

Dende o IES Fernando Blanco, de Cee, ademais dos seus cursos de FP, informan de que entre o 1 e o 15 de xullo estará aberto o prazo de admisión
(reserva de praza) para as ensinanzas de Educación de Persoas Adultas, EPA, para o vindeiro curso 2024-2025.

Na Educación para as Persoas Adultas pódense diferenciar diferentes ensinanzas:

a) ENSINANZAS BÁSICAS INICIAIS
✓ Destinatado a todas as persoas adultas sen titulación previa que desexen unha formación básica inicial en lecto-escritura e cálculo así como prepararse para o acceso á educación secundaria para persoas adultas.

b) EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS/AS (ESA)
Destinada a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria e poidan acudir en horario de tarde- noite.
✓ Estas ensinanzas de secundaria poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos, correspondentes aos catro cursos da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Aínda así, as persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise.
✓ Ao alumnado, poderánselle validar diferentes cursos ou materias, dependendo dos estudos de EXB ou ESO que certifiquen.

c) CASTELÁN E GALEGO PARA PERSOAS MIGRANTES
No IES Fernando Blanco ofértanse tamén ensinanzas para a aprendizaxe de Castelán e Galego para persoas migrantes. Son Ensinanzas Non Regradas impartidas en horario de tarde destinadas á poboación migrante, maiores de 16 anos. Para estas ensinanzas a matrícula estará aberta durante todo o curso 2024-2025

Comentarios