O IES Fernando Blanco actualiza a súa oferta de FP

Ademais do FP Dual de Soldadura e Caldeirería desenvolto en colaboración con Gerca, o IES Fernando Blanco de Cee quere actualizar a súa información sobre os prazos de admisión a ciclos formativos de FP de grao medio e superior.
Ata o xoves 4 de xullo de 2024 ás 13:00 horas para o réxime ordinario e para o réxime Dual, as persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes de admisión nos ciclos formativos que se ofertan no IES Fernando Blanco de Cee para o curso 2024-2025.
A oferta de ciclos formativos do IES Fernando Blanco é a seguinte:
- Ciclo de grao superior de Administración e finanzas.
- Ciclo de grao medio de Soldadura e caldeiraría. (Réxime dual só 1º curso)
- Ciclo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas.
- Ciclo de grao medio de Electromecánica de vehículos automóbiles.
- Ciclo de grao medio de Xestión administrativa.
- Ciclo de grao medio de Mantemento electromecánico.
Todas as solicitudes faranse online na páxina web do IES, polo que se poderán facer desde a casa. E despois presentar algunha documentación no instituto.
Poden preguntar tamén no teléfono 881880467 onde tamén recibirán toda a información relacionada co acceso a ciclos formativos de Formación Profesional.