Luns. 09.09.2024
El tiempo

Aberto o prazo para inscribirse nos cursos de Educación para Adultos

Aberto o prazo para inscribirse nos cursos de Educación para Adultos
Estatua do Edificio Fernando Blanco

Para quen non ten a titulación básica porque non puido ir á escola, para quen foi hai moito tempo, e xa non lembra, para quen non rematou a EXB... ou quen ten o Graduado escolar mais non o Graduado en ESO, as ensinanzas de Educación para Persoas Adultas, EPA, ofrecen unha nova oportunidade de formación. Nada máis necesario que a educación e que conseguir a Graduación Escolar para unha perfecta integración. E hai oportunidades na Costa da Morte.
O IES Fernando Blanco, de Cee infórmanos de que xa se abríu o prazo de inscrición para as ensinanzas EPA, de xeito que xa solicitar a admisión nas mesmas para o vindeiro curso 2015-2016, dende o 1 ao 15 de xuño.

Esta convocatoria diríxese a aquelas persoas que teñan 18 ou máis anos, e que poidan acudir en horario de tarde-noite ás clases que lles permitan retomar antigos estudos primarios para acadar o Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
A oferta pública de educación de persoas adultas, gratuíta e de calidade, fai posible que as persoas adultas poidan adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o desenvolvemento persoal e profesional.

Nas ensinanzas de EPA pódense diferenciar:

a) ENSINANZAS BÁSICAS:
- Nivel 1. Destinado a todas as persoas adultas que necesiten adquirir técnicas básicas de lectura, escritura e cálculo.
- Nivel 2. Destinado a persoas sen ningunha titulación que desexen acceder á educación secundaria, seguir con garantía de éxito cursos de cualificación profesional ou potenciar a súa participación activa na vida social, cultural, política e económica.
→ No mes de setembro realizarase unha proba de nivel para as persoas que non poden acreditar estudos. O resultado permite adscribir a cada persoa ao nivel que está en disposición de acadar.

b)  EDUCACIÓN SECUNDARIA:
-Destinada a todas as persoas adultas maiores de 18 anos que desexen obter o título de graduado en educación secundaria.
- Constan de catro módulos de duración cuadrimestral. Cada un organízase en tres campos de coñecemento: ámbito de comunicación, ámbito de sociedade e ámbito científico-tecnolóxico.


→ Estas ensinanzas poden realizarse, con carácter xeral, en dous cursos académicos. Sen embargo, as persoas adultas poden permanecer cursando estas ensinanzas o tempo que o seu ritmo de aprendizaxe precise.

→ Pódense validar os diferentes ámbitos nos distintos módulos, dependendo dos estudos de EXB ou ESO que se certifiquen. Así, nunhas materias pódese cursar un nivel, e noutras, outro.

Fonte

  • IES Fernando Blanco.

Comentarios