Domingo. 28.04.2024
El tiempo

Abren os prazos de admisión dos ciclos de FP

IES Fernando Blanco no Congreso FP Innova 2
Imaxe do alumnado de FP do IES Fernando Blanco no congreso Innova
Abren os prazos de admisión dos ciclos de FP

Abertos están prazos de admisión a ciclos formativos de FP de grao medio e superior no IES Fernando Blanco de Cee.

Ata mércores 5 de xullo de 2023 ás 13:00 horas para o réxime ordinario e para o réxime Dual, as persoas interesadas poden presentar as súas solicitudes de admisión nos ciclos formativos que se ofertan no IES Fernando Blanco de Cee para o curso 2023-2024.
 
A oferta de ciclos formativos do IES Fernando Blanco é a seguinte:

  • Ciclo de grao superior de Administración e finanzas.
  • Ciclo de grao superior de Automatización e robótica industrial. (Réxime dual só 1º curso)
  • Ciclo de grao medio de Soldadura e caldeiraría. (Réxime dual só 2º curso)
  • Ciclo de grao medio de Instalacións eléctricas e automáticas.
  • Ciclo de grao medio de Electromecánica de vehículos automóbiles.
  • Ciclo de grao medio de Xestión administrativa.
  • Ciclo de grao medio de Mantemento electromecánico.

Todas as solicitudes faranse online, polo que se poderán facer desde a casa. E despois presentar algunha documentación no instituto.
 
Na páxina web do instituto teñen a información de acceso ou no teléfono 881880467 tamén recibirán toda a información relacionada co acceso a ciclos formativos de Formación Profesional.

Comentarios