Xoves. 02.05.2024
El tiempo

"Recomendo apuntarse ao FP Dual porque ten moitas vantaxes para meterse no mundo laboral"

Karim e Mario en Gerca
Karim e Mario fixeron as prácticas de FP e xa quedaron en Gerca
"Recomendo apuntarse ao FP Dual porque ten moitas vantaxes para meterse no mundo laboral"

O vindeiro mes de abril arrinca unha nova fornada de prácticas para o alumnado do FP Dual, que a empresa GERCA axuda a desenvolver no IES Fernando Blanco de Cee. Un proxecto que demostra a aposta continua da empresa vimiancesa por seguir medrando na Costa da Morte, e por darlle oportunidades de futuro á rapazada da comarca, ao que este ano tamén se uniron este curso empresas como Xeal e Glaucor. Un proxecto que permite que a mocidade da zona que se forma en Soldadura e Caldeiraría poida continuar coa súa formación directamente nas empresas para aprender de xeito real como funcionan as máquinas.

E quen sabe, se tamén para ter unha saída laboral directa, como lle pasou a Karim Saadi (Camariñas, 20 anos) e Mario Bermúdez (Cee, 18 anos), dous rapaces que fixeron o ano pasado as prácticas o ciclo de Electromecánica en Gerca e xa quedaron a traballar.

Este ano, a nova FP de Soldadura e Caldeirería é unha oferta novidosa, porque ata o momento os mozos e mozas que quería formarse nestas materias tiñan que marchar fóra. Agora teñen a oportunidade de formarse e de traballar preto da casa. A idea principal de Gerca é quedar co 100% do alumnado que vaia facer as prácticas (este ano serán 7), tras unha recibir unha formación moi dirixida para aprender o que as empresas do sector necesitan.

Karim da FP a Gerca
Karim  traballando en Gerca

Falamos con Karim e cóntamos que tiña gañas de meterse neste mundo da metalurxia porque xa os seus pais se adicaron a el. Animouse a estudiar electromecánica, gracias a que un titor do IES Fernando Blanco recomendoulle a FP Dual, sinalando que tiña prácticas remuneradas en empresa e moitas oportunidades de quedar a traballar.
Quedou encantado durante a parte teórica desenvolta no centenario centro ceense, cos profesores, cos compañeiros e co temario, pois facían moita práctica andando cos tornos, cas presas, aprendendo de electricidade…

Pero recoñece que quedou máis contendo aínda “despois 6 meses na empresa, nos que se aprende moito. O periodo de prácticas estivo moi ben, tanto os compañeiros e encargados axudáronme moito”, sinala. Despois deses 6 meses xa era parte da familia de Gerca. “A verdade é que estaba moi ben no posto de traballo, gústame o que fago, intento ser traballador”, sinala lembrando que contaba con seguir na empresa.

A día de hoxe traballa sobre todo en temas de soldadura, ás veces individualmente ás veces en equipo, pero non se lle caen os aneis en “botar unha man co que sexa”. Recoñece que aínda lle quedan uns anos para convertirse en formador dos vindeiros alumn@s que pasen, en breve, por Gerca, pero non o descarta.

”Recoméndolles aos alumn@s da zona que se apunten ao FP Dual de Gerca porque ten moitas vantaxes, sobre todo para meterse no mundo laboral, aprendendo un oficio directamente”, apunta.

Novas relacionadas

Comentarios