Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Abrir ou non abrir os festivos. Esa é a cuestión… en Cee

Abrir ou non abrir os festivos. Esa é a cuestión… en Cee
Rua Fernando Blanco unha das ruas comerciais de Cee A Rúa Fernando Blanco, unha das ruas comerciais de Cee

Un dos temas máis polémicos entre o comercio de Cee é o dos horarios. A presencia do mercado dominical obriga á boa dos comercios a abrir todos os días do ano. Moitos optan por abrir os sábados, e estes arrastran aos que non abrirían para ter, alomenos, un día de descanso.

Desta volta pasa algo semellante pensando no 14 de agosto, domingo previo ao luns máis festivo do ano, e que segundo a lexislación vixente debería estar todo pechado.

Dende a Unión Local da CIG de Cee, constatan “a intención de abrir ao público das superficies comerciais ou tendas pertencentes a empresas ou grupos de distribución (segundo figura nalgúns calendarios laboraris) Carrefour Market, Gadis, Eroski, Cash Record, Kiddy's Class, Froiz, Hiper Asia e Maxi Dia”. Unha decisión que obrigaría a outros comercios menores a abrir.

Pensando neses comercios menores e en todos os tralladores de cada cadena, a CIG de Cee pide “respecto o descanso de festivos e domingos das traballadoras e traballadores do comercio contemplado na lei”. “A obrigatoriedade de pechar o domingo 14 é pola non celebración da tradicional feira ou mercado en Cee por mor das festas da Xunqueira e polo tanto, (no caso de apertura destos establecementos) estarían a incumprir a lexislación sobre horarios comerciais e Orde que regula a apertura en domingos e festivos para o ano 2016”.

Por iso instan ao Concello de Cee, a facer cumprir a lexislación vixente en materia de horarios de apertura de grandes superficies ou cadenas comerciais.

Fonte

  • CIG Cee.

Comentarios