Martes. 19.03.2024
El tiempo

Adisbismur AECC de Cee segue mantendo contacto vía online e telefónica

Cogami en contacto online cos seus usuarios
Cogami segue en contacto online cos seus usuarios
Adisbismur AECC de Cee segue mantendo contacto vía online e telefónica
Entidades como Adisbusmur, en Muros, ou a Asociación Española contra o Cancro, manteñen o contacto cos seus usuarios a través da rede e do teléfono. A entidade muradán, pertencente á rede Cogami, mantén contacto continuo coas 47 persoas usuarias do centro de recursos que ten en Valadares, para interesarse en como están levando esta situación nas súas casas. Todos están ben pero din que con gañas de volver ao centro e retomar a actividade coas compañeiras e compañeiros.

De igual xeito, a AECC mantén contacto coas familias dos pacientes oncolóxicos que teñen moitas dúbidas especialmente nestes momentos de corentena. Ofrecen Atención social, apoio e acompañamento, atención psicolóxica, orientación de enfermaría, no correo ou [email protected] e do teléfono gratuíto 900 100 036, dispoñible as 24 horas do día, os 7 días da semana.

A AECC estreará ademáis unha canle de podcasts, grazas á colaboración de Ivoox, como unha nova ferramenta de comunicación para estar máis preto das persoas con cancro, das súas familias e a poboación en xeral.

AECC online

Comentarios