AFAFES prepara unha completa semana de reflexión sobre o Alzheimer

Co gallo do Día Mundial do Alzheimer (o 21 de setembro), a AFAFES organiza unha completa semana de actividades na semana do 15 de setembro
Haberá unha Mesa informativa: achega dúbidas, consulta recursos e leva material divulgativo. Outra xornada de avaliación neuropsicolóxica gratuíta: detección temperá e orientación personalizada. Unha Xornada de portas abertas para que poidades coñecer as instalacións da entidade (na Rúa Magdalena, 38 de Cee). Tamén haberá unha sesión de reflexión con perspetiva de xénero.
Especial cita a o 19 de setembro, con charla, mesa redonda e experiencias en primeira persoa, para poñer en valor ás persoas que coidan.
Podedes inscrivirvos chamando ao 881984902 ou enviando o teu nome completo e o DNI ao correo axentedeigualdade.afafes@gmail.com.