Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Alumn@s de Cee, Fisterra e Muxía participaron nunha "incrible" xornada de convivencia e Deporte en Galego

Alumn@s de Cee, Fisterra e Muxía participaron nunha "incrible" xornada de convivencia e Deporte en Galego
Xornada de convivencia Fagamos Deporte en Galego en MuxiaSaída da Volta á Muxía Xornada de convivencia Fagamos Deporte en Galego en Muxia

O IES Ramón Caamaño de Muxía acollía esta pasada fin de semana a xornada de “Deporte en Galego” que reunía rapaces e rapazas do centro muxián e dos IES Agra de Raices, IES Fernando Blanco e IES Fin do Camiño. Unha xornada “incrible”, en palabras do propio director do centro muxián, David Creus, cun día espectacular no climatolóxico, e unha “xornada deportiva de convivencia incrible. Foi un gusto ver tanto alumnado e tan diverso compartindo xogos, confidencias risas…”, cóntanos.

A xornada non sufríu ningún altercado, e reinaba a sensación xeralizada de que por riba da competitividade estaba o feito de pasalo ben e desfrutar. “Aos rapaces gustoulles moitísimo compartir esta experiencia”.

A mañá centrouse no pavillón, para despois realizar a "Volta a Muxía", carreira na que participaron case 100 rapaces e rapazas dando a volta á península de Muxía. Regularon a proba a Policia Local, Protección Civil e tamén alumnado do noso centro que facía de "Guía" para orientar os participantes ó longo de todo o traxecto.

Unha vez rematou a carreira, cerca xa das 14:00 iniciaron a andaina ata a praia de Lourido onde comeron e logo os rapaces xogaron a diversos deportes, voleibol, rugby, beisbol, disco... e tamén os máis atrevidos se bañaron. “En fín un día espectacular”, recoñece un orgulloso director.

Palmarés

E aínda que os resultados foron o de menos, así quedaron as competicións:

FAGAMOS DEPORTE EN GALEGO 1. FÚTBOL • 1º CLASIFICADO: IES RAMÓN CAAMAÑO (MUXÍA) • 2º CLASIFICADO: IES FIN DO CAMIÑO (FISTERRA) 2. BALONCESTO • 1º CLASIFICADO: IES RAMÓN CAAMAÑO (MUXÍA) • 2º CLASIFICADO: IES AGRA DE RAÍCES (CEE) 3. VOLEIBOL • 1º CLASIFICADO: IES FERNANDO BLANCO (CEE) • 2º CLASIFICADO: IES AGRA DE RAÍCES (CEE) 4. BADMINTON MASCULINO • 1º CLASIFICADO: JOSÉ ANTONIO RAMOS (IES AGRA DE RAÍCES) • 2º CLASIFICADO: DARÍO CASTIÑEIRA (IES RAMÓN CAAMAÑO) 5. BADMINTON FEMININO • 1ª CLASIFICADA: SHEILA GARCÍA (IES RAMÓN CAAMAÑO) • 2ª CLASIFICADA: NAIRA PUENTE (AGRA DE RAÍCES) 6. PIN PON MASCULINO • 1º CLASIFICADO: FABIÁN GARCÍA (IES RAMÓN CAAMAÑO) • 2º CLASIFICADO: DAVID LOJO (IES FERNANDO BLANCO) 7. PIN PON FEMININO • 1ª CLASIFICADA: ALEJANDRA ROMANÍ (IES RAMÓN CAAMAÑO) • 2ª CLASIFICADA: MINERVA LAGO (IES AGRA DE RAÍCES) 8. CARREIRA • 1º CLASIFICADO MASCULINO: ALEJANDRO DÍAZ (IES AGRA DE RAÍCES) • 2º CLASIFICADO MASCULINO: ALEXANDRE TRILLO (IES AGRA DE RAÍCES) • 3º CLASIFICADO MASCULINO: IKER MANUEL TRABA (IES FIN DO CAMIÑO) • 1ª CLASIFICADA FEMININA: ELIA LEMA (IES AGRA DE RAÍCES) • 2ª CLASIFICADA FEMININA: ANA OCA (IES FERNANDO BLANCO) • 3ª CLASIFICADA FEMININA: MINERVA LAGO (IES AGRA DE RAÍCES)

Fonte

Comentarios