Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Ana Oca tamén quere ser actriz

Ana Oca tamén quere ser actriz
Ana Oca de actriz na serie Hospital Real

Esta cativa é un tesouro. Xa a vimos hai pouco dando unhas masterclass de Cociña en Ponteceso. Pero resulta que as capacidades desta pequena brava ceense van moito máis alá da cociña, e que o seu exitoso paso polo MasterChef Jr, pode ser o primeiro paso dunha longa carreira.

Así o comprobamos ao vela xa gravando para a nova serie Hospital Real, producida por Ficción Producciones ambientada no antigo Hospital Real de Santiago de Compostela.

Unha experiencia que nace despois de gravar con Sara Casasnovas a súa última curtametraxe. “La chica del maletero”, na que a actriz de raíces costeiras fai de directora e protagonista, grávabase en Moraime, e contaba coa pequena Ana no reparto.
O seu desparpaxo natural gustou tanto que a produtora lle propuxo participar na serie, que leva unha semana de rodaxe.

A primeira tempada consta de 15 capítulos que van ser rodados ata maio, ambientados no século XVII. O papel de Ana parece que será pequeno, pero de moita intensidade, e seguro que dá que falar. Ademais, estará arroupada por un reparto de luxo e unha ambientación coidadísima.

Esperamos o comezo desta serie na tele!!

Aquí vemos un detalle da súa masterclass en Ponteceso:

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios