Anxo Pintos devolveu a música á Idade Media no Mes da Fundación
Divertidísimo foi o concerto comentado "A zanfona. A aventura milenaria da monocleta sonora" impartido por Anxo Pintos na tarde-noite do sábado 14 de outubro, dentro do programa "O Mes da Fundación". Un concerto que gustou aos pequenos e aos maiores por igual, gracias á destreza do fundador de Berrogüeto.
O concerto comentado comezou cunha introducción musical dunha das cantigas de Martín Codax, pasando a falar a continuación, sobre os aspectos morfolóxicos do instrumento e a súa importancia na Idade Media. A partir de aí, o percorrido temático abrangueu os sucesivos estilos históricos e as tribulacións da zanfona en cada un ata chegar á actualidade.
Pintos, na actualidade é Presidente da Fundación SondeSeu, e compatibiliza o seu labor de mestre na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional de Vigo, co de coordinador da sección de zanfonas da Orquestra Folk de Galicia SondeSeu.
Máis cita
Este martes 17 de outubro, dentro do apartado de programa para colexios, contaremos con Simón Piñón, da Compañía Yázabro, que impartirá un concerto didáctico titulado "O Gaiteiro Bucólico" para alumn@s de 3º e 4º de Primaria e para usuari@s de ASPADEX.
E o sábado 21 de outubro, desta volta dentro do apartado para o público en xeral, haberá 2 actividades:
- Ás 19:00 horas no IES Fernando Blanco: Ofrenda floral e misa na honra de D. Fernando Blanco de Lema e de tódol@s profesor@s, alumn@s e persoal que formou parte da historia do centenario Instituto;
- Ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Cee: Conferencia de Carlos Spuch Calvar (Doutor en Bioloxía e Investigador do Grupo de Neuroloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia-Sur) titulada "Como afecta a nosa alimentación ao desenvolvemento do cerebro”.
Novas relacionadas
- O Mes da Fundación achega a tradición aos máis pequenos.
- As científicas silenciadas abriron o programa do Mes da Fundación
- Outubro é o mes da Fundación Fernando Blanco.
Gañadores dos Premios Fernando Blanco
- Os Relatos da Fundación: Renacer.
- Os Relatos da Fundación: Quero ser mariñeiro.
- Os Relatos da Fundación: O Corazón do Mar.
- Os Relatos da Fundación: O paseo de Xoana pola Costa da Morte.
- Os Relatos da Fundación: Explorando a Costa da Morte.
- Os Relatos da Fundación: A perdición galega.
- Os Debuxos da Fundación (II).
- Os Debuxos da Fundación.
- A Fundación Fernando Blanco de Cee entrega os premios do IV concurso de Debuxo e do V concurso de Relatos Cortos
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).