Martes. 23.04.2024
El tiempo

APEM coñece a fábrica por dentro

APEM coñece a fábrica por dentro

Interesante visita de APEM as instalacións da fábrica de Ferroatlántica en Cee. Os visitantes, que forman parte do grupo de residencia, tiveron a oportunidade de ver de cerca o funcionamento das instalacións da fábrica de Cee, unha experiencia de gran interese e que gozaron a tenor das innumerables preguntas que realizaron ao longo do percorrido e que xurdiron mentres o técnico de Ferroatlántica, Xusto Trillo, íalles explicando desde as orixes e a historia da empresa ata o proceso de fabricación e as aplicacións dos produtos fabricados. Ademais, tamén realizaron unha visita ao laboratorio onde se lles achegou a conceptos como "control de calidade" e "análise dunha mostra".

A coordinadora de APEM, Pety Vázquez, comentou que nos próximos días está previsto que outra vintena de usuarios, esta vez do centro de día, visiten a fábrica, xa que por número, e co fin de optimizar a visita a Ferroatlántica, non puideron realizala co resto de compañeiros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Ferroatlántica.

Comentarios