Venres. 26.04.2024
El tiempo

"Sentimos que nos discriminan cando outras persoas falan e deciden por nós"

"Sentimos que nos discriminan cando outras persoas falan e deciden por nós"

Non paran de formarse os activiso alumnos de Aspadex. Un ano máis as persoas con discapacidade da Asociación ASPADEX participaron nun encontro a nivel autonómico que ten como obxectivo, que as persoas con discapacidade intelectual poñan en común as súas experiencias, reflexionen sobre o seu papel na sociedade e fagan oír a súa voz.

Cómpre escoitar algunha das súas reflexións para decatarse da xigante parte humana que os envolve: "Sentimos que nos discriminan cando outras persoas falan e deciden por nós", "Tamén hai xente que descoñece o que é a discapacidade, vennos raros e diferentes, e por iso nos discriminan", "Para nós, ter un emprego é unha maneira de sentirnos útiles e que a sociedade que nos rodea se decate que somos tan válidos coma eles", "Todo ou mundo ten dereito a equivocarse, e nós tamén, porque nesta vida ninguén é perfecto".

Un Encontro anual e moito traballo diario

A asociación ASPADEX participa nestes encontros desde o ano 2006, ano no que a nosa asociación empezou a formar parte do Programa de Autoxestores. Este programa está funcionando a nivel estatal desde fai máis de 10 anos e ten como finalidade formar ás persoas con discapacidade intelectual para que alcancen maior autonomía tanto a nivel persoal como social, para que aumenten as súas posibilidades de falar e decidir por si mesmos, que aprendan a tomar decisións na vida cotiá, debatan sobre os seus asuntos, e en definitiva, que sexan protagonistas da súa propia vida.

Con este obxectivo en ASPADEX as persoas con discapacidade intelectual reúnense semanalmente xunto cunha persoa de apoio para falar sobre os temas que lles interesan, falar dos seus dereitos e deberes, aprender a tomar decisións. Así, con este congreso, cada ano teñen a oportunidade de intercambiar opinións con compañeiros doutras asociacións nun encontro autonómico, ao que asisten persoas con discapacidade de toda Galicia.

Este ano o Encontro celebrouse en Vigo os días 5 e 6 de novembro e estivo organizado pola Asociación ACEESCA de Porriño.

Durante os dous días que durou o encontro as persoas con discapacidade intelectual falaron de pobreza, a sobreprotección da familia, a terceira idade, como buscar emprego, o apoio das Xuntas Directivas ao programa autoxestores e a discriminación.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios