venres. 09.05.2025
El tiempo

APEM organiza a súa III Cea Solidaria polo Día da Saúde Mental

APEM organiza a súa III Cea Solidaria polo Día da Saúde Mental

Despois da demostración de compromiso da cita do ano pasado, a activa familia de APEM Cee volve facer a súa Cea Solidaria polo Día Mundial da Saúde Mental. Unha cita para ver de primeira man como traballa esta incansable asociación, para coñecer aos bravos usuarios e profesionais que forman a familia, e para colaborar en que poida seguir mellorando no coidando das persoas con enfermidades mentais.

A cita será o vindeiro sábado 14 de outubro no Restaurante A Lagoa, de Vimianzo, a partir das 22:00. Contarán cos sorteos de exclusivas pinturas cerámicas deseñadas por Kerámikos, uns rapaces do centro que a entidade ten na Coruña que xa realizaron boa parte dos trofeos do Circuito Correndo pola Costa da Morte. Ademais, amenizarán a noite uns rapaces de Esteiro que se chaman “Pintura Plástica”.

Cómpre ir reservando prato (o prezo da invitación é de 30€) no 981 747 255 ou en cee@apemcoruna.es.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios