Sábado. 21.09.2024
El tiempo

APEM ultima os preparativos para a súa III Cea Solidaria

APEM ultima os preparativos para a súa III Cea Solidaria
Cheo o Restaurante Pastoriza para a Cea Solidaria de APEM Cheo o Restaurante Pastoriza para a Cea Solidaria de APEM do ano pasado Cea Solidaria de APEM Cee 2017

Hoxe, 10 de outubro, celebrase o Día Mundial da Saúde Mental baixo o lema “Traballar sen máscaras, empregar sen barreiras”. Unha data que aproveita a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) para artellar a III Cea Solidaria co fin de sensibilizar sobre esta causa e co obxectivo de dar maior visibilidade ao traballo da entidade nas Comarcas de Soneira, Fisterra e Bergantiños.

A cea celebrarase este sábado, 14 de outubro ás 22:00h no Restaurante a Lagoa de Vimianzo. Contarán coa colaboración dun gran profesional da comunicación como é Fran Hermida como dinamizador da velada, o sorteo de exclusivas figuras de cerámica deseñada por KerámiKos e desfrutarase coa actuación de Pintura Plástica.

Cómpre ir reservando prato (o prezo da invitación é de 30€) no 981 747 255 ou en [email protected].

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios