xoves. 01.05.2025
El tiempo

APEM viviu o seu festivo Nadal

APEM viviu o seu festivo Nadal
festa-de-nadal-de-apem O pasado xoves, 22 de decembro ás 16:30h. celebrouse no centro que a Asociación Pro Enfermos Mentales (APEM) ten na localidade de Cee, unha festa de portas abertas para celebrar o Nadal. A festa, como sempre moi emotiva, deulle máis ca nunca protagonismo aos usuarios da unidade residencial e centro de rehabilitación de Cee e Vimianzo, que micrófono en man, dispuxéronse a presentar a gala na que se bailou e cantou ó son de panxoliñas. Durante o festival presentouse en primicia a panxoliña composta polo cantautor Sergio Trillo, “Serj”, titulada “Chega o Nadal”, interpretada por tódolos usuarios. Desfrutamos da actuación en directo do grupo musical “As Trubisquiñas” de Vimianzo. Ademais, fíxose entrega da cesta sorteada para Nadal, co obxectivo de comprarlle o agasallo de Reis aos nosos usuarios co diñeiro recadado na venta das rifas. Rematouse a festa cunha chocolatada e merendola para todos os asistentes. festa-de-nadal-de-apem

Fonte

  • APEM.

Comentarios