Aprendendo a valorar lingua portuguesa dende o Instituto


Fantástica a iniciativa dos alumnos do IES Fernando Blanco. Gañas de aprender é o que teñen os 34 alumnos que dende comezos de curso aproveitan as horas extraescolares para seguir formándose. E difícilmente se atopan propostas educativas como estas, son as aulas de portugués e mais de Autocad, un programa moi útil para os amantes da arquitectura.
I é que hai que salientar que este grupo de alumnos e alumnas asisten voluntariamente e en horario extraescolar aos cursos de Portugués co profesor Serxio Iglesias e mais de Autocad co profesor Manuel Canosa.
E para completar a aprendizaxe cunha boa inmersión lingüística entre os días 16 e 21 de marzo 34 alumnos de 1º e 2º de Bacharelato do IES Fernando Blanco de Cee realizaron unha viaxe de estudos a Braga (Portugal) acompañados polos propios Serxio Iglesias, Manuel Canosa e o profesor en prácticas Alexandre Nieves.
En Braga asistiron a clases de Portugués Lingua Estranxeira no Instituto de Letras e Ciencias Humanas da Universidade do Minho e realizaron diversas visitas a facultades e institutos da Universidade, co obxectivo de coñecer unha realidade universitaria próxima e ao mesmo tempo achegarse a unha comunidade lingúística irmá.
Ademais, os estudantes tiveron tempo para visitar cidades próximas como Guimarães ou Porto e realizar unha ruta de sendeirismo polo Gerês.
Esta actividade está enmarcada dentro dos Contrato-Programa na procura da excelencia educativa, plan que vén de asinar este curso o IES Fernando Blanco coa Consellería de Educación.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).