As ANPAS e o CEFORE organizan unhas Xornadas para mellorar as prácticas educativas ca diversidade
07:20 15/03/17
ANPAS e CEFORE unidos pola Diversidade
Nun centro neurálxico da inclusión fronte a diversidade se está convertindo Cee. Tralas exitosas Xornadas de Inclusión Social nas que as entidades da zona explicaron as súas experiencias, desta volta é o Centro de Formación e Recursos (CEFORE) e a Federación de ANPAS Provincial-Costa da Morte a que prepara as II Xornadas de Atención á Diversidade.
Como xa vimos no programa, estas xornadas teñen o lema “Vivimos na diversidade”, e servirán para concienciar a familias e profesores da importancia de naturalizar a diferencia. O obxectivo é claro: mellorar as prácticas educativas, atendendo á diversidade do alumnado.
As xornadas desenvolveranse os 24, 25 e 26 de marzo na Casa da Cultura de Cee e necesitan inscrición.
Máis información
- Inscrición para profesorado: na páxina web da Consellería (proximamente. Na pestaña de inscricións, buscar actividades en prazo. Data límite 15 – 03 – 2017. Certificación de 12 horas de formación.
- Inscrición para nais, pais e outros colectivos: a partir do martes 21 de febreiro), na páxina web do IES Agra de Raíces.
- Servizo de ludoteca: solicitalo a través da Web do IES Agra de Raíces.
Novas relacionadas
- Programa das Xornadas de Atención á Diversidade.
- As entidades sociais amosan os éxitos da inclusión costeira.
- 17-02-17: A comunidade educativa volve por enésima vez á rúa para berrar contra a LOMCE.
- 04-02-17: As entidades sociais amosan os éxitos da inclusión costeira.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).