Venres. 26.04.2024
El tiempo

As ANPAS organizan en Cee unhas completísimas Xornadas de Atención á Diversidade

As ANPAS organizan en Cee unhas completísimas Xornadas de Atención á Diversidade
Xornadas Vivimos na Diversidade Cee 2017 Espectaculares as II Xornadas de Atención á Diversidade que se preparan en Cee. A FEDANPAS Provincial e da Costa da Morte, co apoio das Anpas Galegas, preparan un completo programa “Vivimos na Diversidade”, para 3 días fundamentais pensados para familias, profesorado e colectivos interesados). As xornadas desenvolveranse os 24, 25 e 26 de marzo, e chegan co obxectivo primordial de xerar un tempo, na diversidade que vivimos, para aprendermos xuntos, profesorado, nais e pais. Porque a todas e todos nos move un único interese: mellorar as prácticas educativas, atendendo á diversidade do alumnado. As xornadas servirán para para poñer en valor e difundir boas prácticas, que poden servir de modelo.

Programa

VENRES 24 DE MARZO
  • 17:45 a 18:00 Recollida de documentación e sinaturas.
  • 18:00 a 18:20 Apertura. Representantes de: CFR, ANPAS, concello, centros de ensino.
  • 18:20: Conferencia inaugural “Territorio e arquitectura vs repetición e diferenza”. Por Juan Creus
  • 19:00 a 19:10 Pausa
  • 19:10 a 21:00 “Estratexias para unha escola inclusiva.” Por Lidia Ma Gómez Boga. Mestra de Pedagoxía Terapéutica do CEIP Galán de Oseiro- Arteixo
SÁBADO 25 DE MARZO
  • 09:45 a 10:00 Recollida de sinaturas
  • 10:00 a 10:40 “Boas prácticas”: Por Manuel Maseda Deán, director do IES Maximino Romero de Lema, de Baio
  • 10:50 a 11:30 “Iutubers”. Por Rubén Neira Caridad profesor do CEIP “ Eugenio López” de Cee
  • 11:40 a 12:20 “De ti a ti” Por Virginia Rodríguez Ålvarez e María Luz de la Iglesia García, profesoras do IES Fin do Camiño, Fisterra
  • 12:20 a 12:40 Descanso café
  • 12:40 a 13:40 " Cats (musical)”:Por Patricia Urrutia Rodríguez, mestra de lingua inglesa e José Manuel Ponte Somoza, mestre de música en CPI A Picota, Mazaricos.
  • 14:00 a 16:30 Pausa para xantar
  • 16:45 a 18:45 “Cooperar para Aprender/ Aprender a Cooperar”: Por Carmen Vaz Dapía, asesora CFR de Vigo.
  • 18:45 a 19:00 Descanso para café
  • 19:00 a 21:00 “A xestión das emocións. A Educación Emocional”. Por María del Carmen Loureiro licenciada en Psicoloxía
  • 21:00 “Concerto”: Dude (Carballo) 
DOMINGO 26 DE MARZO
  • 11:00 a 13:00 visita á Fundación Fernando Blanco: O Colexio-Instituto da Fundación e a Escola de Nenas desenvolveron unha singular experiencia pedagóxica, equiparable ós máis avanzados institutos do seu tempo. O seu programa combinaba unha educación humanista e cientifíca co ensino de materias prácticas necesarias para o desenvolvemento económico da comarca.

Máis información

 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios