Martes. 16.04.2024
El tiempo

As Buseranas destaparon a rebeldía de Rosalía

As Buseranas destaparon a rebeldía de Rosalía
Susana Aríns, María Xosé Queizán e Manuel Bragado en Cee Susana Aríns, María Xosé Queizán e Manuel Bragado en Cee

Aínda no marco dos actos co gallo do Día da Muller, as organización Feminista Buserana organizaba onte a presentación dun interesante libro na Libraría Ler, de Cee.

María Xosé Queizán presentaba o seu libro “Rosalía de Castro e o poder sexual”, editado por Xerais. Así, era o propio editor Manuel Bragado o que a acompaba na mesa, xunto a Susana Sánchez Aríns.

Non foi un acto moi numeroso pero si que foi moi ameno. O editor fixo unha introdución para da paso a un formato moi dinámico, mediante o cal Susana Arins lle ía facendo preguntas a María Xosé, que estivo lúcida, divertida e profunda nas súas análises do poder sexual dos homes sobre as mulleres e sobre como o conta Rosalía.

Susana Arins atopou semellanzas entre Rosalía e Queizán como precursoras, como mulleres adiantadas ao seu tempo e as circunstancias de loita en soidade das dúas.

Queizán desmontou o mito da "santa" Rosalía para mostrarnos unha muller rebelde, moderna no sru tempo, a contracorrente e preocupada polas mulleres reais e traballadoras, fronte a literatura da época máis preocupada por mundos míticos, celtismo, etc… (Pondal, Murguía…)

Tamén falaton da misoxinia de Pondal e da obra de Rosalía que é todo o contrario, a muller é o seu leit motiv, a súa defensa.

Fonte

Fonte

Comentarios