As chuvias volven inundar as rúas de Cee ante a crispación dos veciños de Escabanas


O temporal desta semana pasada deixou estampas impresionantes, pero tamén, e casi como cada ano, deixa situacións alarmantes. Pasou en outubro cas primeiras chuvias, e durante a pasada fin de semana, as rúas de Cee volveron inundarse.
Son os veciños de Escabanas, en Cee, os que nos volven denunciar unha situación que parece repetirse no tempo. "Enviamos foto dos problemas que está ocasionando inverno tras inverno as chuvias no lugar de Escabanas en Cee. En canto chove con intensidade faise imposible acceder ás vivendas andando sen chegar cos pes totalmente mollados. Os veciños desta zona de Cee levamos tempo solicitando medidas por parte do Concello para solucionar o problema".
Así denuncian e se lamentan de que ano tras ano pasen os mesmos problemas e nunca se atallen.
Novas relacionadas
- 07-01-13: O mar de fondo deixou estampas impresionantes na Costa da Morte.
- 05-01-14: A carta dun veciño cabreado a Costas ante consecuencias do temporal.
- 22-10-13: O primeiro temporal deixa cifras alarmantes e vellos temores cas riadas de Cee.
- 08-10-09: As choivas abren vellos temores e en Cee.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta).