As científicas silenciadas abriron o programa do Mes da Fundación


En marcha xa a 5ª edición do Programa "O Mes da Fundación”. O pasado venres arrincaba un completo programa pensado por un lado para escolares e por outro para público en xeral. Foron os primeiros os que abrían o telón deste cargado mes de outubro, recibindo a visita de Jesus Rey Ferreiro, técnico de emerxencias sanitarias - 061. A sesión rondaba arredor "A importancia dos primeiros auxilios. Entre todos podemos salvar vidas”.
Foron máis de 200 alumn@s da ESO do Colexio Manuela Rial, do IES Fernando Blanco e do IES Agra de Raíces, os que escoitaron atentantamente as indicacións do técnico.

As Silenciadas

Xa o sábado, comezaban as actividades para o público en xeral. Facíao coa conferencia "Mulleres científicas esquecidas e silenciadas: O caso das científicas mariñas", impartida por Mª Mercedes Álvarez Lires (Doutora en Química e Profesora de Didáctica das Ciencias Experimentais da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte da Universidade de Vigo).
Interesantísima e moi necesaria conferencia na que a profesora examinou algúns dos mecanismos de exclusión que mantiveron ás mulleres arredadas da actividade científica, as estratexias que desenvolveron para superar estes mecanismos e a evolución desta situación dende a antiguedade ata o momento actual.
Como caso particular abordouse o referente ás científicas que se ocuparon da sustentabilidade dos océanos e o seu papel de pioneiras na ciencia oceanográfica dende comezos do século XX. Tal foi o caso de Elisabet Mann Borgese, Ángeles Alvariño, Aida Fernández, Josefina Castellví e as oceanógrafas pioneiras do Instituto Español de Oceanografía.
Con este párrafo dunha canción da cantante protuguesa Missia rematou a conferencia:
Penélope tecía e destecía o veo ata que un día cansou de esperar por Ulises, que estaba nas praias perdido entre sereas. Gardou o tear e foise polo mundo en procura de Odiseas. Ulises regresou vello e canso mais, ai!, Penélope xa non estaba a súa espera”.
Máis citas
O programa continúa o martes 10 de outubro cunha sesión de narración oral, impartida por Raquel Queizás, titulada "Romaría", e dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Primaria dos colexios Eugenio López e Manuela Rial de Cee, e tamén aos usuari@s de ASPADEX.
E o sábado 14 de outubro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Cee, Anxo Pintos impartirá o concerto comentado "A zanfona. A aventura milenaria da monocleta sonora”.
Novas relacionadas
Máis novas
- O XIX Simposio Pondaliano encherá de cultura os martes de outubro a aldea do Couto.
- Bazarra segue aportando combustible cultural á Fundación Fernando Blanco
Gañadores dos Premios Fernando Blanco
- Os Relatos da Fundación: Renacer.
- Os Relatos da Fundación: Quero ser mariñeiro.
- Os Relatos da Fundación: O Corazón do Mar.
- Os Relatos da Fundación: O paseo de Xoana pola Costa da Morte.
- Os Relatos da Fundación: Explorando a Costa da Morte.
- Os Relatos da Fundación: A perdición galega.
- Os Debuxos da Fundación (II).
- Os Debuxos da Fundación.
- A Fundación Fernando Blanco de Cee entrega os premios do IV concurso de Debuxo e do V concurso de Relatos Cortos
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).