As mulleres da Costa da Morte volven expresar o seu dereito a decidir

09:41 17/06/13

Volveu ser a Praza 8 de marzo o centro da opinión pública na Costa da Morte o pasado venres 14 de xuño. Se o xoves tocaba sesión #nonáLomce, o venres, máis de medio cententar de persoas achegáronse para berrar contra a nova Lei do Aborto que propón o goberno central.
Unha concentración convocada en toda Galicia pola Plataforma Galega pola defensa do dereito ao aborto, e que aquí contou coa organización da activa Asociación Feminista Buserana. Baio o lema "Aborto libre e gratuito. As Mulleres decidimos", as mulleres costeiras tamén estiveron na manifestación dominical a nivel galego en Compostela.

Unha manifestación que contou co apoio do BNG, PSdG e CxG.
Novas relacionadas
- Música e versos para berrar #NonáLOMCE.
- As mulleres de Cee non quere rosarios nos seus ovarios.
- As Anpas seguen informando das consecuencias da LOMCE en Vimianzo e Fisterra.
- A Costa da Morte demostrou que o feminismo non está en crise.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- Buserana.