As Pedras Miúdas de Lires tamén reciben combustible para seguir recuperando a cultura tradicional
Enorme a labor que está a facer a Asociación Cultural Pedras Miúdas de Lires, de recuperación patrimonial. A danza de arcos, a gaita… un traballo de coidado do noso folclore espectacular. E para seguir facéndoo vai poder contar co apoio económico da Estación de Servizo Bazarra.
Seguindo a liña do pensamento de Unamuno, “A liberdade que hai que dar ao pobo é a cultura”, as xentes de Lires xuntáronse arredor desta asociación aló polo 2008, batendo co telón de grelos e tentando recobrar as vellas tradicións e aprender delas.
E valorando todo este traballo, a labor de Responsabilidade Social Corporativa (RSC, ollo que na Costa da Morte hai moi poucas empresas que traballen este concepto) de Bazarra síntese reflexados con cada unha das propostas desta asociación: fomento da cultura, lecer, natureza, deporte e compromiso coa infancia e a mocidade.
Por iso decide apoiar o seu traballo cunha axuda económica, e formar parte da familia de Lires!
Novas relacionadas
- A Danza de Arcos sobrevive en Lires.
- Cales son as 7 marabillas arquitectónicas da Costa da Morte?.
- Os 5 mellores alumnos do curso, 5 becados pola Fundación Fernando Blanco e Bazarra.
- Bazarra bota combustible solidario tamén no Instituto.
- A Fundación Fernando Blanco ten tamén o seu mecenas.
- Carburante para seguir berrando en silencio.
- As motos rachan o vento da Costa da Morte dende Bazarra.
- O Clube Olimpia recarga combustible con Bazarra.
- O Unión Club Cee segue acadando apoios empresariais como o de Bazarra.
- A Fundación Fernando Blanco renova as súas becas coa axuda de Bazarra.
- Bazarra.com, moito máis que a web dunha gasolineira.