Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Fundación Fernando Blanco ten tamén o seu mecenas

A Fundación Fernando Blanco ten tamén o seu mecenas
Julio Lopez con Dario Areas e un traballador de Bazarra

As Becas manteñen vivo o legado do mecenas Fernando Blanco, pero a Fundación tamén ten o seu mecenas para facer esa labor.
Na mañán do mércores 19 de marzo asinouse o terceiro convenio de colaboración entre a Estación de Servizo Bazarra e a Fundación Fernando Blanco de Lema.
Julio César López Vázquez, Xerente da E. S. Bazarra, e Darío Areas Domínguez, Secretario da Fundación, foron os encargados de plasmar as súas rúbricas no mencionado convenio, polo que a empresa ceense colaborará económicamente en tres das actividades programadas pola Fundación para este ano 2014.

3 actividades apoiadas

En concreto, as actividades encadradas neste convenio son:

  • II Concurso de Relatos Curtos e I Concurso de Debuxos: Ambos concursos están dirixidos a escolares dende 1º Ciclo de Primaria á ESO dos centros educativos de 10 concellos da contorna. O Concurso de Relatos xirará en torno ó tema “As escolas dos nosos maiores”, e o de Debuxos terá como título “Un día na escola”. En ámbolos dous certames entregaranse un total de 15 premios valorados en 915 €. A Estación de Servizo Bazarra comparte colaboración nesta actividade coa Deputación Provincial da Coruña.
  • 3ª Edición das Becas-Premio Fernando Blanco correspondentes ó curso 2013-2014. Estas Becas-Premio teñen por obxecto premiar a 5 dos mellores expedientes académicos do IES Fernando Blanco de Cee, en concreto ós cursos de 1º PCPI, 3º ESO, 1º Bacharelato, 1º Ciclo Medio e 1º de Ciclo Superior, e que o ano pasado contaron coa presenza do Conselleiro de Cultura e Educación, D. Xesús Vázquez Abad. Tamén nesta actividade a E. S. Bazarra compartirá colaboración coa Deputación da Coruña e con varios establecementos de Cee.
  • Programa Cultural “O Mes da Fundación”. Celebrarase no mes de outubro cunha dobre programación. Por un lado actividades para todos os centros educativos de Cee e, por outro, actividades para o público en xeral. O ano pasado este programa cultural contou coa participación de figuras tan destacadas coma Jorge Mira, Ángel Carracedo, Xosé Neira Vilas, Concha Blanco, Fernando Fraga, etc.

Dende a Fundación Fernando Blanco de Lema queren agradecer a "colaboración altruista e desinteresada da Estación de Servizo Bazarra, personificándoa na figura do seu xerente, Julio César López, un home fortemente comprometido coa cultura e o deporte do noso pobo".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios