Sábado. 27.07.2024
El tiempo

Aspadex pon en valor a importancia do Día de Atención Temperá

O 16 de xuño conmemórase o Día da Atención Temperá. Con este motivo, a entidade Aspadex quere poñer en valor o traballo da entidade para mellorar a vida das familias que padecen trastornos na infancia.
Dia da Atencion Tempera na Costa da Morte
Aspadex pon en valor a importancia do Día de Atención Temperá

Queremos recordar a importancia que ten na vida das nenas e dos nenos e das súas familias e reivindicar máis axudas e recursos para poder seguir mellorando.

A Atención Temperá é o conxunto de intervencións que se realizan para detectar o antes posible as dificultades que poidan existir no proceso evolutivo dos nenos e das nenas e dar unha resposta acorde o antes posible.

Aspadex leva desde o agosto do 2020 prestando o Servizo de Atención Temperá (SAT) da agrupación de Concellos da Costa da Morte (Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas).

O SAT:

  • É un servizo para a atención de nenas e nenos de entre 0 a 6 anos.
  • Ten como obxectivo dar resposta as necesidades dos infantes, sexan transitorias ou permanentes que afecten no seu desenvolvemento.
  • O equipo do SAT da Costa da Morte está formado por unha Terapeuta Ocupacional e Coordinadora do Servizo, 2 Logopedas, 1 Psicóloga e 1 Mestra de Infantil con formación e experiencia en Atención Temperá.
  • As ubicacións deste Servizo están no Ézaro (Dumbría) e en Vimianzo.
  • O procedemento para recibir esta atención é acudir primeiramente o Servizo de Pediatría do centro de saúde de calquera destos Concellos. Será este profesional quen derive o Servizo se así o considera.

Máis info

Comentarios