Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Servizo de Atención Temperá comarcal xa atendeu a 121 menores

Unidade de Atencion Tempera
O Servizo de Atención Temperá comarcal xa atendeu a 121 menores

O Servizo de Atención Temperá SAT Costa da Morte comarcal, que se desenvolve en 10 concellos da Costa da Morte (Dumbría, Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas), atendeu desde o mes de setembro do ano 2020 ata o mes de decembro do ano 2021, un total de 121 menores. Unha cifra salientable, que destaca que 43 están actualmente de alta, por obxectivos acadados ou idade.

No ámbito de actuación da Terra de Soneira (Camariñas, Vimianzo e Zas) foron 48 os menores atendidos, sendo 22 os atendidos concretamente en Camariñas. Na vila do encaixe 5 xa recibiron a alta e só hai 1 en lista de agarda.

Enténdese a atención temperá como un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos, á súa familia e ao seu contorno, e que ten por obxectivo dar resposta o antes posible ás necesidades transitorias ou permanentes que presentan os nenos e as nenas con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos, para facilitar o desenvolvemento da súa autonomía persoal e a inclusión social.

O SAT Costa da Morte está formado por. Aténdese as seguintes dificultades do desenvolvemento: trastorno da linguaxe e/ou comunicación, trastorno da conduta, trastorno da psicomotricidade, trastornos cognitivos, trastornos sensoriais, trastornos evolutivos e dificultades sociais, educacionais ou de hábitos. Para iso contan cun equipo formado por una psicóloga, un logopeda e un terapeuta ocupacional.
Os centros de atención están situados en Vimianzo (Av. Finisterre, 12, 1º) e en Dumbría (Pedra Maior, 97-15279. Ézaro).

Comentarios