Bazarra aporta máis combustible para que a Fundación Fernando Blanco siga guiando aos escolares da comarca


O gran traballo que está facendo a Fundación Fernando Blanco de Lema é absolutamente indiscutible. Pero para desenvolvelo, ademais de contar cun grandísimo profesional como Darío Areas, fan falta fondos. Gracias aos convenios como o que vén de asinar Estación de Servizo Bazarra, estas actividades son posibles.
María Villar López, Administradora Solidaria e Copropietaria da E. S. Bazarra, e Darío Areas Domínguez, Secretario da Fundación, foron os encargados de plasmar as súas rúbricas no mencionado convenio, polo que a empresa ceense colaborará económicamente en tres das actividades programadas pola Fundación para este ano 2018.
En concreto, as actividades encadradas neste convenio son:
- VI Concurso de Relatos Curtos e V Concurso de Debuxos.
- 7ª Edición dos Premios Académicos Fernando Blanco correspondentes ao curso 2017-2018.
- 6ª Edición do Programa Educativo Cultural “O Mes da Fundación”. Celebrarase no mes de outubro cunha dobre programación.
É o 7º convenio consecutivo que se asina entre ambas entidades, remontándose o primero deles ao ano 2012, algo que agradece encarecidamente a Fundación.