Bazarra celebra os seus “50 anos contigo” cunha festa

Este sábado 18 de maio, a Estación de Servizo(s) Bazarra celebra o seu 50 aniversario. Co lema “50 anos contigo”, quere continuar demostrando a súa absoluta vinculación á Costa da Morte. Faino ano tras ano apoiando á bisbarra, a través do seu servizo de becas, o deporte, a educación e a cultura da zona.
Faino agora, cunha gran festa de confraternización, onde haberá pinchos para todos (pulpo, xamón, tortilla…) e boa música. Todo de 12:00h a 15:00h.
50 anos = 50€
Ademais, durante a xornada haberá premios aos que vaian repostar, con vales de 50€ en carburante.
50 anos de compromiso ca Costa da Morte
Unha empresa sempre á vangarda, coa vista continua na modernización, que empurra o tecido asociativo, pero tamén ao tecido empresarial da comarca. Pioneiras foron as súas instalacións de placas solares para o aforro enerxético; ou o seu sistema de recollida e aproveitamento de augas.
Unha empresa que xera riqueza na zona, con máis de 20 traballadores, que xa son caras coñecidas para os milleiros de clientes que paran cada semana a repostar; a tomar un café; a arranxar o coche ou a bici no taller; a comprar no Claudio Express; a lavar o coche; a preguntar por un seguro…
Novas relacionadas
- O Olimpia segue correndo con combustible de Bazarra.
- Bazarra segue aportando combustible cultural á Fundación Fernando Blanco.
- Bazarra segue botando gasolina ao bus do ACB Costa da Morte.
- Bazarra apoia o Camiño dos Faros e a Xornada de APEM e Aspadex.
- Bazarra abre un novo supermercado express para ampliar a súa oferta.
- Bazarra segue apostando polo medio ambiente cun novo lavado e o teito solar.