A Bernarda Alba da casa triunfa en Cee
Tralo absoluto éxito da V Mostra Á EsCEEna, o auditorio Baldomero Cores rematou a súa intensa actividade cunha cita moi especial. O grupo xuvenil da Escola Municipal de Teatro representaba ante as súas familias a obra de Federico García Lorca “A Casa de Bernarda Alba”.
O público respondeu como se esperaba, sendo máis de 300 persoas as que practicamente ateigaron o auditorio.
Da man do director Toño Casais (unha das almas da compañía costeira Talía Teatro), e cun elenco comandado pola xa profesional Ana Oca (que facía de Bernarda), demostraron todo o seu talento @s Mariña Lestón, Marta Vérez, Adriana Castiñeira, Saray Pérez, Paula Trillo, Nerea García, María Caamaño, María Sendón, África Haz, Daniela Alves, Marina Calo e Julia Lema.
Toda unha delicita para o público ceense.
Víctor Castiñeira presentou á Escola Municipal na obra A Casa de ernarda Alba-Foto-Rafa Quintáns
Ateigado o auditorio de Cee para ver a Bernarda Alba-Foto-Rafa Quintans
Ana Oca fai de Bernarda Alba-Foto-Rafa Quintáns
REMATOU Á ESCEENA! PERO O AGOSTO CULTURAL SEGUE… NA RÚA
Esta semana, do 27 ó 30 de agosto, as citas coa Animación de rúa na Praza da Constitución no marco do programa Cultura no Camiño 2019 (a partir das 20:15):
- Martes 27 ás 20.15 horas: MAXIA CÓMICA, a cargo da compañía Les Artuáns. Dos creadores Antuan de la Cream e Arturo Nono, agora unidos nun mesmo show, nace Les Artuans.
- Mércores 28 ás 20.15 horas: CÓDIGO. Espectáculo de maxia de Dani García.
- Xoves 29 ás 20.15 horas: SONÁMBULO, de Antón Coucheiro.
- Venres 30 ás 20.15 horas: OH!LIMPIADAS coa compañía Sincronacidas. Obra galardoada co Premio ao Mellor Espectáculo de Rúa no FETEN 2019.