Xoves. 19.09.2019
El tiempo

A Biblioteca de Cee volve convocar os seus míticos certames culturais para escolares

Os marcapáxinas gañadores do certame do ano pasado

Volve, un ano máis, e xa son incontables, a Biblioteca Francisco Mayán de Cee e a Concellería de Deporte e Cultura, volven convocar os seus concursos escolares de animación cultural. Da man de Jose Ramón Rey Senra, centos de escolares da bisbarra xa poden preparar os seys traballos para os XXVIII Concurso de Achegamento ó Libro e do Concurso" Na Procura do Noso XV Marcapáxinas”. Uns premios, que contan coa colaboración da Imprenta Pavo que parten co único fin de animar aos nenos a ocupar o lecer na creación literaria e, deste xeito, fomentar o hábito da lectura.

As cifras avalan uns premios absolutamente integrados no programa escolar da zona. Como exemplo, os 7.199 traballos presentados nas 27 edicións que ten o concurso de “Achegamento ao Libro”.

Este ano, ao igual que o pasado, céntrase no alumnado de Educación Primaria. O prazo de presentación é ata o 4 de abril.

Novas relacionadas

Comentarios