Mércores. 13.11.2019
El tiempo

A Biblioteca de Cee xa ten os seus escolares gañadores dos concursos de Achegamento ao Libro e Marcapáxinas

A Biblioteca de Cee xa ten os seus escolares gañadores dos concursos de Achegamento ao Libro e Marcapáxinas

Xa ten a Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán” do Concello de Cee, o fallo dos gañadores dos seus activos concursos de achegamento á cultura. O mesmo armadanzas, José Ramón Rey Senra, quere facer público o seu agradecemento a todos os que fan realidade estes certames, sobre todo aos centros de ensino, por seguir fomentando a creación literaria, promocionando a lectura e facilitanto aos nenos e nenas de Educación Primaria canles de expresión creativa na nosa lingua.

O número de obras presentadas aos diferentes concursos deste ano 2019 foron un total de 203 traballos (55 ao de marcapáxinas; e 148 ao de Achegamento ao Libro) sendo xa un total de 7.402 traballos presentados nos 28 anos de vida dos certames (1992-2019).

A entrega de premios será o xoves 16 de maio ás 18.00 horas na Sala de Conferencias (3º andar – planta da Biblioteca Pública Municipal “Francisco Mayán”) da Casa da Cultura do Concello de Cee. Pero xa podemos dar os nomes dos gañadores que escolleu un xurado formado polo propio responsable da Biblioteca, ademais de Teodomiro Lamela (Responsable das Axencias de Lectura de Ameixenda e Brens), Patricia Mouzo Quintáns (Educadora Familiar do Concello) e Victor Manuel Castiñeira Castro (Técnico de Cultura do Concello de Cee).

A obra gañadora do 1º e 2º Curso de Primaria foi:
“Un tesouro na Vila de Cee” de Aroa Conde Cambeiro, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

Recibindo accésits as obras:
- “O autor segredo” de Sara Taboada Prieto, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
- “O bosque das letras” de Mara Casais Ledo, do C.E.I.P. A Igrexa – Brens.
- “O libro de cores” de Adriana González Leira, do C.E.I.P. Pio XII de Santiago de Compostela.
- “O can contacontos” de Sofía Montero Trillo, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

A obra gañadora do 3º e 4º Curso de Primaria foi:
“A paixón de Candela” de Noa Martínez Outes, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

Recibindo accésits as obras:
- “Nun lugar…” de Gaizka Lago Elorza, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
- “Un ratiño lendo” de Lola Lagoa Fernández, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
- “A festa das letras” de Lucía Caamaño Cespón, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
- “O peor pesadelo” de Yolanda Quintela Antón, do Colexio C.E.I.P. do Pindo-Carnota.

A obra gañadora do 5º e 6º Curso de Primaria foi:
“Paula e os seus libros” de Carlos Fidalgo Villanueva, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

Recibindo accésits as obras:
- “A gruta encantada de Galipán” de Sebastián Humberto Fragiel, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
- “O meu libro máis Eu” de Camila Fandiño Rey, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.
- “A pomba que non sabía voar” de Helena Roget Souto, do Colexio “Eugenio López” de Cee.

No tocante ao XV CONCURSO “EN BUSCA DO NOSO MARCA-PÁXINAS”, a obra gañadora foi:
“Se leo, escribo mellor” de Irene Domínguez Rodríguez, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

Recibindo accésit a obra:
- “Se les, recolles sabedoría”, de Carlos Trinidad Leo, do Colexio “Manuela Rial Mouzo” de Cee.

Novas relacionadas

Comentarios