O Bichiño expón a natureza da Costa en LiresCa

10:57 24/08/22
Ademais das exposicións de Xosé Iglesias e Jesús Lozano na Casa da Cultura de Cee, a visita á zona pode completarse coa nova exposición de fotografía sita na planta baixa do hotel e restaurante LiresCa, en Lires.
Da man do fotógrafo autodidacta Javier Carballo, nacido en Ameixenda (Cee), preséntase a obra do Rincón do Bichiño "Natural Costa da Morte”.
As fotografías exploran a fauna da Costa da Morte, con predominio de aves, e onde destaca algunha do lobo no noso territorio.