O BNG homenaxeou ás súas mulleres escritoras, panadeiras e peixeiras en Cee e Muxía

Doble cita de homenaxe en clave de 8M a que celebrou o BNG da comarca esta fin de semana. O venres Cee, o BNG organizaba un roteiro para render homenae ás escritoras Concha Blanco, Guadalupe Formos, Junquera López e Rocío Leira. Ao longo do roteiro, Monste Canosa Vigo foi presentando e as autoras foron lendo.

En Muxía
Xa o sábado, no Salón do Voluntariado de Muxía desenvolveuse o acto "Recuperemos as mans", en homenaxe ás mulleres, organizado polo BNG de Muxía.
Resultaron agasalladas as panadeiras muxiás Rosa Casais e Rosa do Jures, así como as peixeiras da localidade Rita Lago, Luisa de Virginia, Rosa Soneira, Barca Vilela e Susa Pensado.
O evento estivo amenizado polas actuacións musicais do grupo Lilás (gaita, pandeiro e bombo), e a cantante Dena, que finalizou o acto co canto de "Matriarcas" coreado por todo o público como recoñecemento ás mulleres agasalladas.