Mércores. 18.09.2024
El tiempo

Bravos peregrinos de Aspadex

Bravos peregrinos de Aspadex
Aspadex volvera a fin do mundo

Poucas cousas lles faltan por facer pola volta. Dende subir ao Tren da ilusión, ir de acampada, facer de mecánicos… i é que en 30 anos se poden facer moitas cousas. Pois os bravos de Aspadex van completar outro soño, o do Camiño.

A Asociación ASPADEX, organiza o vindeiro sábado, 7 de xuño, dentro das actividades organizadas pola Liga Norte para persoas con discapacidade intelectual da provincia da Coruña, unha Ruta Xacobea, de aprox 12 km.,dende S. Roque (Corcubión), ata o Cabo Fisterra, tramo final do Camiño Santiago-Fisterra (Fin do Camiño).

Na Xornada participaran máis de 100 persoas con discapacidade intelectual da provincia da Coruña, pertencentes os centros de: ARTEFIOS (A Coruña), ASPRONAGA (A Coruña), ADCOR (A Coruña), APADER (Cedeira), AMIPA (Padrón), ASPABER (Carballo), PAIMENNI (Betanzos) e ASPADEX de Cee, acompañadas por máis de 30 persoas: monitoras, voluntarias e amigas.

A xornada iniciarase no Campo de S.Roque (Corcubión), ás 10 e media da mañan, onde a Presidenta da Asociación Amigos do Camiño, Begoña Valdomar, saudará a tódolos participantes. A chegada ó Faro de Fisterra, está prevista para as duas e media da tarde, onde os participantes recibirán de mans do alcalde de Fisterra, “A LEMBRANZA”, documento que acredita que chegamos a fin do Camiño Xacobeo. A organización, tamén ten previsto algunha sorpresa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios